Tuesday 14 de May de 2024

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de cinco estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra


― As novas actuacións levaranse a cabo na AC-544, no municipio de Outes; e na vía de altas prestacións CG-2.1 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao

― Tamén comezarán os traballos de roza en vías da comarca do Morrazo: na autovía AG-46, en Moaña e Cangas; na CG-4.1, que une tamén os municipios de Moaña e Cangas; e na vía de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu

― Continuarán as actuacións en marcha na OU-536, no Pereiro de Aguiar; na OU-504 en Leiro; e na autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño

― Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías autonómicas

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de cinco estradas autonómicas, ao paso polas provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra.

No caso das provincias da Coruña e de Lugo, as novas actuacións levaranse a cabo na estrada AC-544, no municipio de Outes; e na vía de altas prestacións CG-2.1 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao, respectivamente.

Tamén comezarán os traballos de roza na provincia de Pontevedra, neste caso centrándose en vías da comarca do Morrazo: na autovía AG-46, en Moaña e Cangas; na CG-4.1, que une tamén os municipios de Moaña e Cangas; e na vía de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu.

Continuarán as intervencións que están en marcha en distintas vías autonómicas da provincia de Ourense: na OU-536, no Pereiro de Aguiar; e na OU-504 en Leiro.

Tamén proseguirán na provincia da Coruña estas tarefas na autovía AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

Con este programa actúase para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de vehículos, de peóns e de ciclistas.